Qué facemos?

Descubre a nosa actividade

O noso principal obxectivo é contribuír ao empoderamento persoal e grupal das persoas de AFEXDI, proporcionando apoio para mellorar a calidade de vida; ademais de defender e apoiar os dereitos das persoas con diversidade funcional.

Cómo o facemos?

Servizo de atención diúrna ocupacional

Chicos en una piscina

Acompañamento individualizado para o desenvolvemento persoal, social e prelaboral.

Programas individualizados centrados na persoa

Chicos viendo la catedral de santiago

Elaboramos un Plan Individual de Intervención (PII) para garantir a atención integral
de cada persoa.

Desenvolvemento da autonomía persoal e habilidades da vida diaria

Afexdi en el supermercado

Realizamos proxectos e actividades que favorezan a adquisición de autonomía, coa finalidade de alcanzar unha vida diaria independente e que ao mesmo tempo retroalimente o interese e o desenvolvemento persoal.

Benestar e saúde

Chicos en una piscina

Desenvolvemos actividades deportivas adaptadas, coa finalidade de favorecer o benestar físico, social e mental.
Ademais de desfrutar e favorecer a calidade de vida, queremos contribuír a que as persoas adquiran e comprendan a importancia de desenvolver unha vida independente mantendo rutinas saudables.

Formación ocupacional e laboral

Chica de afexdi con una maquina de coser

Desenvolvemos servizos de formación prelaboral e ocupacional para adquirir e mellorar competencias e capacidades profesionais que favorezan á inclusión socio-laboral.
Realizamos obradoiros ocupacionais e laborais nos que creamos diversos produtos artesanais, a súa venda favorece o autofinanciamiento e a formación profesional das persoas.

Cultura e lecer

Afexdi en el bosque

Aprendemos a decidir e desfrutar do lecer persoal, pero tamén pasamos tempos de
lecer en grupo.
Algunhas das actividades de lecer que realizamos son: saídas culturais, celebracións
de festas tradicionais (entroido, magosto…), sendeirismo, etc.

Participación coa comunidade

Chicos en una piscina

A participación comunitaria xera espazos de intercambio e convivencia que favorecen a inclusión social das persoas con diversidade funcional en diversos contextos culturais, educativos e sociais.

Mercado AFEXDI

Chicos en una piscina

Varias veces ao ano poñemos á venda os nosos produtos, reforzando aprendizaxes e contribuíndo á autofinanciación do centro.

Acompañamento e orientación familiar

intregrantes asociacion afexdi abrazandose

Ofrecemos información e asesoramento ás familias para favorecer a convivencia e o acompañamento da persoa con discapacidade intelectual na vida diaria, colaborando no desenvolvemento da autonomía personal.

ola!

Queres ser voluntario/a nalgunha das nosas actividades?