Como comprar?

Comprar na nosa tenda é moi fácil. A continuación informámosvos paso a paso de como facelo:

1. Accede á nosa tenda en liña e mira todos os nosos produtos. Asegurámosche que todos teñen unha bonita historia detrás, así que entrar en cada un é recomendable ao 100%. Dentro de cada produto tes unha explicación detallada, ademais dun despregable para que poidas elixir o modelo, cor, etc no caso de que haxa variacións, escolle o que prefiras, a cantidade desexada e aperta o botón de “ENGADIR Ao CARRIÑO”. Primeiro paso superado!!!

2. Se queres engadir máis produtos, segue o mesmo proceso. Se non, ve ao carro da compra para acabar o teu pedido. Nesta páxina terás un resumo do teu carro, revisa ben a túa compra para comprobar que todo está ben.

3. *Se dispós dun código de desconto ou promoción, este é o momento de usalo no apartado dedicado a isto.

4. Se todo está correcto aperta o botón de “FINALIZAR COMPRA”. Ten en conta que é moi importante que introduzas ben os teus datos para que o paquete chegue ao seu destino sen incidencias e en prazo acordado. Así que enche os campos con calma que serán só dous minutos. Se a túa dirección e a de envío son distintas debes encher os campos habilitados para o efecto.

En caso de non ser así (é dicir, se a dirección de facturación e a de envío son a mesma), desmarca a casa que di “enviar a unha dirección diferente?” e desaparecerán estes campos.

5. Calquera cousa que necesites a maiores, como que envolvamos a túa compra para agasallo, podes deixárnolo especificado no apartado de “comentarios”, estaremos encantados de axudarche.

Cando enchas a túa dirección, automaticamente sumaranse os portes á túa compra. Aí poderás ver o prezo final da túa compra. E xa case está!!! Elixe o método de pago (Transferencia bancaria, Tarxeta de crédito), acepta os termos e condicións e segue as instrucións da pantalla de pago.

Chateamos?
1
Necesitas Axuda?
Escanea o código
AFEXDI
Ola
En que podemos axudarche?