Qué ofrecemos?

O mellor de nós para ti

Desde AFEXDI tamén queremos estar en contacto activo coa comunidade,

por iso ofrecemos dous tipos de servizos á cidadanía:

Obradoiros de encadernación para grupos

Esperámoste!

Para traballar de cara ao noso obxectivo de inclusión social, ofrecemos unha actividade de lecer alternativo.

Estes obradoiros se ofrecen a colexios, asociacións, colectivos, amigos/as, familias, etc.

Somos profesionais da encadernación, e encántanos compartir o que sabemos.

Aprenderás técnicas artesanais de encadernación e viviremos unha experiencia gratificante para todos.

Queres facer un obradoiro? Contacta con nós e explicámoste todo.

Mercado de AFEXDI

Mercado Afexdi
Dúas veces ao ano realízase un mercado, ofrecendo todos os produtos que fomos elaborando ao longo do curso nos diversos obradoiros, de forma que podemos poñelos á venta e darnos a coñecer na sociedade.

Queremos contribuír á visibilización de AFEXDI e a concienciación social respecto a como as persoas con diversidade funcional teñen dereito a participar activamente no ámbito socio-laboral.


Elaboración de produtos artesanais

Temos moitas ideas para crear e deseñar, é por iso que facemos distintas actividades manuais e creamos artesanías.

A reutilización e restauración de diversos obxectos antigos ou usados son a clave para comezar a crear e darlles unha nova utilidade.

Podedes atopar artigos de coiro, imitacións de xoias, artigos de decoración e un longo etc.


Encadernación de libros

A encadernación é un dos nosos obradoiros laborais máis antigos, trátase dun proceso totalmente artesanal.

Podemos crear de cero cadernos de todo tipo e álbums ao teu gusto.

Ademais, se tes algún coleccionable que queiras encadernar ou algún libro antigo que queiras rexuvenecer podes contar con nós.


Estampación en téxtil

Queres un deseño diferente e orixinal?

Traballamos con diferentes técnicas:

  1. Vinilo de corte téxtil
  2. Transfer téxtil ou vinilo dixital
  3. Impresión de tinta en téxtil

Fainos as túas propostas, encántannos os retos.


Elaboración de produtos téxtiles

Creamos produtos téxtiles a través da costura.

Algúns dos nosos produtos son: sacos térmicos, neceseres, bolsas, babeiros, etc.
As agullas non se nos resisten!

Se tes ideas de produtos que te poidan interesar non dubides en contactar con nós.

(Todos os productos poden ser persoalizados e adaptados as túas necesidades)

Colaboracións coa comunidade
Desde AFEXDI buscamos crear vínculos e canles comunicativos con diferentes entidades, asociacións ou organismos cos que poidamos crear accións conxuntas.

Actualmente estamos a desenvolver:

  1. Proxecto de horticultura nas hortas de Belvís.
  2. Colaboracións con ADEGA para favorecer o medio ambiente.

ola!

Facemos todo isto e moito máis, así que se tes algunha idea e queres que nos involucremos nela,
somos todo oídos!