Descubre a nosa organización
OLA!
Somos AFEXDI Santiago, un centro ocupacional que naceu alá polo ano 1992, cando un grupo de pais e nais con mozos e mozas con discapacidade decidiron unirse para axudarlles a desenvolver a sua autonomía tanto no ámbito profesional como no persoal.
Co tempo non só se converteu nun centro de traballo, senón que é un lugar que permítenos ser nós mesmos, adquirir confianza, seguridade, pero, sobre todo, socializar.
Apaixónanos viaxar xuntos, compartir conversas nunha cafetería e desfrutar das risas e o cariño das amizades.
Así é AFEXDI, a nosa “casa”, chea de experiencias bonitas, artesanías feitas con paixón, e onde nos demos conta, de que a diversidade forma parte de toda a sociedade.