Qué facemos?
Descubre a nosa actividade
non paramos
O noso principal obxectivo é contribuír ao empoderamento persoal e grupal das persoas de AFEXDI, proporcionando apoio para mellorar a calidade de vida; ademais de defender e apoiar os dereitos das persoas con diversidade funcional.
Cómo o facemos?
Programas individualizados centrados na persoa
Elaboramos un Plan Individual de Intervención(PII) para garantir a atención integral
de cada persoa.
Desenvolvemento da autonomía persoal e habilidades da vida diaria.
Realizamos proxectos e actividades que favorezan a adquisición de autonomía, coa finalidade de alcanzar unha vida diaria independente e que ao mesmo tempo retroalimente o interese e o desenvolvemento persoal.
Tempo de lecer
Aprendemos a decidir e desfrutar do lecer persoal, pero tamén pasamos tempos de
lecer en grupo.
Algunhas das actividades de lecer que realizamos son: saídas culturais, celebracións
de festas tradicionais (entroido, magosto…), sendeirismo, etc.
Actividade física
Desenvolvemos actividades deportivas adaptadas, coa finalidade de favorecer o benestar físico, social e mental.
Ademais de desfrutar e favorecer a calidade de vida, queremos contribuír a que as persoas adquiran e comprendan a importancia de desenvolver unha vida independente mantendo rutinas saudables.
Formación profesional
Desenvolvemos servizos de formación prelaboral e ocupacional para adquirir e mellorar competencias e capacidades profesionais que favorezan á inclusión socio-laboral.
Realizamos obradoiros ocupacionais e laborais nos que creamos diversos produtos artesanais, a súa venda favorece o autofinanciamiento e a formación profesional das persoas.
Apoio familiar
Ofrecemos información e asesoramento ás familias para favorecer a convivencia e o acompañamento da persoa con discapacidade intelectual na vida diaria, colaborando no desenvolvemento da autonomía personal.